lunes, 2 de junio de 2014

Trece peregrinos enfermos de párkinson chegan a Santiago

Comezaron o camiño en Ourense e tras seis etapas de andaina e despois de percorreren 108 quilómetros, trece peregrinos de diferentes puntos de España afectados pola enfermidade de párkinson chegaron esta mañá á meta: a praza do Obradoiro.

Para eles foi todo un reto chegar a Compostela, onde os estaban a esperar familiares e amigos...

Ambiente

Tamén foron recibidos polo alcalde de Santiago.

Ambiente

Esta experiencia forma parte do proxecto que ten por lema "Que trema o Camiño!", co que queren dar a coñecer a súa doenza e sensibilizar a sociedade.

Todos aseguran que foi unha experiencia dura pero inesquecible...

Máis de 150 mil persoas padecen párkinson en España, unhas 6 mil en Galicia.

Reunion de amigos VI - Apropa´t

Reunion de amigos V - Apropa´t

Reunion de amigos IV - Apropa´t - 16.07.2011

Reunion de Amigos III - Apropa´t

Entrevista con Victoria Mora, Presidenta Asociacion Parkinson Valencia - Día Mundial de Parkinson

Valencia corriendo por el Parkinson

CIUDADES DEL MUNDO - CORRIENDO CONTRA EL PARKINSON - de UNIDOSCONTRAELPARKINSON